Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 7h ago
Dodano three lat temu
Treść dostarczona przez Luzes. Cała zawartość podcastów, w tym odcinki, grafika i opisy podcastów, jest przesyłana i udostępniana bezpośrednio przez Luzes lub jego partnera na platformie podcastów. Jeśli uważasz, że ktoś wykorzystuje Twoje dzieło chronione prawem autorskim bez Twojej zgody, możesz postępować zgodnie z procedurą opisaną tutaj https://pl.player.fm/legal.
Player FM - aplikacja do podcastów
Przejdź do trybu offline z Player FM !
Przejdź do trybu offline z Player FM !
Podcasty warte posłuchania
SPONSOROWANY
K
Know What You See with Brian Lowery


1 Spilling the Tea on Cross Culture Comedy: Jesse Appell’s Journey in China 29:42
29:42
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione29:42
In this episode, comedian and tea enthusiast Jesse Appell of Jesse's Teahouse takes us on a journey from studying Chinese comedy to building an online tea business. He shares how navigating different cultures shaped his perspective on laughter, authenticity, and community. From mastering traditional Chinese cross-talk comedy to reinventing himself after a life-changing move, Jesse and host Brian Lowery discuss adaptation and the unexpected paths that bring meaning to our lives. For more on Jesse, visit jessesteahouse.com and for more on Brian and the podcast go to brianloweryphd.com.…
A actualidade está sobrevalorada
Oznacz wszystkie jako (nie)odtworzone ...
Manage series 3299700
Treść dostarczona przez Luzes. Cała zawartość podcastów, w tym odcinki, grafika i opisy podcastów, jest przesyłana i udostępniana bezpośrednio przez Luzes lub jego partnera na platformie podcastów. Jeśli uważasz, że ktoś wykorzystuje Twoje dzieło chronione prawem autorskim bez Twojej zgody, możesz postępować zgodnie z procedurą opisaną tutaj https://pl.player.fm/legal.
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
…
continue reading
115 odcinków
Oznacz wszystkie jako (nie)odtworzone ...
Manage series 3299700
Treść dostarczona przez Luzes. Cała zawartość podcastów, w tym odcinki, grafika i opisy podcastów, jest przesyłana i udostępniana bezpośrednio przez Luzes lub jego partnera na platformie podcastów. Jeśli uważasz, że ktoś wykorzystuje Twoje dzieło chronione prawem autorskim bez Twojej zgody, możesz postępować zgodnie z procedurą opisaną tutaj https://pl.player.fm/legal.
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
…
continue reading
115 odcinków
Wszystkie odcinki
×A
A actualidade está sobrevalorada

Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns funcionarios medoñentos que foron substituídos por outros afoutos que son quen de dicir amén ás pretensións dos xefes)? E na(s) oposición (s)? Porque no País parece que pouco, que os problemas seguen a ser os mesmos, pero máis vellos e grandes. Escoiten a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , que ademais estrean sintonía (musical, entre eles xa a teñen) que se despiden da audiencia ata a semana seguinte, LIVE IN LUGO!…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Independencia, salarios e alerta cinexética 41:18
41:18
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione41:18
Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?, Ángeles Vázquez , non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente da Xunta, Manuel Fraga . É sobre que hai xabarís soltos na Autoestrada do Atlántico. Un caso máis de apenovismo, porque os xabarís andaron ceibos de toda a vida, e por todas as estradas, grandes e pequenas, de Galicia. Unha polémica, no pensar de algún/algunha dos contertulios (xa saben, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro ) igual de parva que a de se os que cobran o salario mínimo teen que declarar ou non o IRPF, cando en España se estima que hai, en artefactos financieiros legais, 300.000 millóns de euros, que cotizan un 2% ou 3%, e o imposto de sociedades está deseñado de forma que, canto máis ganan, menos contribúen fiscalmente. Un podcast completo no que se fala tamén de que en Galicia non só hai unha lista de espera para a dependencia, senón dúas (unha para que cha recoñezan, de un ou dous anos, e outra para cobrar, de seis a doce meses). Non haxa medo: o Goberno vai implantar un plan de choque, que inclúe cambiarlle o nome por Ley de Autonomía, e a Xunta, para non ser menos, cartos non se sabe se vai poñer, pero outro plan si. Unha suxestión: pódenlle chamar Lei de Independencia, que o marqueting xa está feito.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia administrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o hoxe presidente da RFEF e daquela da Deputación de Pontevedra inventou un concurso público para darlle uns cartos a unha empresa determinada, foi para pagar unhas obras acordadas mediante «connivencia» (sic) dos involucrados. O «ti vai facendo» ratificado pola alta xurisprudencia. Pero non só somos pioneiros na superación na Lei de Contratos pola vía dos feitos. Tamén o somos en terceira idade tecnolóxica. Os nosos vellos, e vellas, controlan que te cagas os trebellos, segundo o conselleiro do ramo. E se podes distraerte fedellando no aparato, que necesidade teñen de ir ao centro de saúde? Con mirar en Google que lles pasa e pedir o remedio por Amazon, amañado. Igual de rauda foi a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e/ou o presidente Rueda . Como o BNG e os seus secuaces tiñan ameazados aos funcionarios para que non emitiran informes a favor da instalación de Altri, nunha xogada mestra e secreta cambiou aos responsables de facer eses informes por xente menos sensible (unha delas, causalmente casada co director de Ence-Pontevedra), tal e como conta neste mesma web o compañeiro Juan Oliver.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado? (Tan firme que mesmo votou en contra da suba das pensións, as axudas aos afectados da DANA e aos usuarios do transporte público para que pasase a mans dos «aprovechateguis»[© Miguel Tellado ] do PNV). O que tampouco saben Ana Luísa Bouza (pódena felicitar, está de aniversario), Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é que vai pasar cos concelleiros electos nas listas do PSdeG-PSOE en Compostela. Porque dos seis, catro están algo díscolos e sen propósito da emenda. Tampouco saben que lles pasa a algúns funcionarios da Xunta que, segundo a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez , mesmo non durmen por medo do que lle poidan facer «o BNG e os seus secuaces» se fan algo a favor de Altri. Aparéceselles Néstor Rego pola noite? E por último, para eses que se apelidan Queijo, Enjamio ou mesmo Feijóo (por non falar de Otero ou Losada ), a RAG ten un remedio: expídelle un certificado raudo para que devolvan o seu nome familiar ao idioma do que nunca deberían ter saído.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e mesmo Xosé Manuel Pereiro teñen claro os obxectivos deste segundo mandato do magnate e presentador televisivo: vai por Europa. E non precisamente a facerlle as beiras e tirarlle fichas. Tan claro como que os obxectivos, por activa ou por pasiva, da política sanitaria da Xunta son facilitarlle o negocio ao sector privado. O episodio deste semana comeza cunha desgracia, e remata con outra: o recordo ao falecido Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, un pedazo da historia audiovisual e da recente cultura popular de Galicia.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Socialistas, privatizacións e un senador veloz 38:24
38:24
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione38:24
Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas consigo mesmo en Santiago. E mesmo hai quen sigue cuestionando o liderado de José Ramón Besteiro. Que tampouco é que sexa moita novidade na historia do PSdeG, que leva disparándose no pé toda vida sen necesidade de xuntarse en Amio. O que sí que teñen bastante traballado é a técnica do goberno municipal da protesta, e como mostra o apoio de Caballero, secundado por outros alcaldes e alcaldesas da área sanitaria de Vigo á convocatoria da manifestación en defensa da sanidade publica que terá lugar hoxe xoves. Se vostede nunca sabe que dicirlle a ese familiar que sempre defende a eficacia e aforro que aportan as privatización aproveite o episodio de hoxe porque o profesor Losada vai darlle o argumentario que desmonta esa mentira. Mentir, porén, é o dereito que asiste aos acusados nos tribunais, e así, pese ao que asegurou o velocimetro da Garda Civil, o senador Manuel Speedy Baltar asegurou que el non circulaba a 215 km/h cando o pararon na A6.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Manifestación, competencias e a señora Scrooge 46:41
46:41
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione46:41
Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia Altri, na que entre 50.000 e 100.000 persoas, (máis outros cantos en espírito que non estiveron por problemas de axenda) e sen deixar tempo para unha reacción proporcionada da Xunta chegou, case por sorpresa, unha nova cesión de competencia para Galicia. Desde os tempos dese goberno que non debe ser mentado que non se producía semellante fito. Nós non temos moitas dúbidas en que é algo bo para Galicia, outra cousa é o que fagamos coa competencia. As dúbidas deixámolas todas para o que vai pasar coa nova presidencia da RFEF, que igual non era a mellor idea nomear a alguén cunha inhabilitación pendente por confirmar polo Supremo, mais que saberemos nós que non nos dedicamos a gobernar o fútbol. Para rematar, comentamos a sentenza do xuizo pola violación multiple sufrida por Mme. Gisèlle Pélicot e ademais de agradecerlle que dera a cara por todas dedicamos uns fermosos pensamentos para a outra parte no xuizo. Como é o derradeiro episodio do ano, Antón Losada, Marta Otero Mayán, Ana Luisa Bouza e Xosé Manuel Pereiro aproveitaron para felicitar as festas para toda a xente que escoita o podcast e a toda a tribo de Luzes , mesmo algunha que non sabemos se acabará sendo a señora Scrooge.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Altri, Alcoa e outras formas de aparvar 40:11
40:11
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione40:11
Como se pretende instalar Altri na Ulloa ou como quere ficar Alcoa na Mariña? As dúas multinacionais e os seus socios locais usan a mesma táctica, aparvarnos a ver se cansamos. Esa é a teoría que manexan Ana Luísa Bouza , Antón Losada , Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro no noso episodio de hoxe, no que fan un chamamento a manifestarse o domingo 15 de decembro en Santiago contra a celulosa e outro chamamento a que fagan seu traballo á Xunta e ao goberno central para que asuman as súas responsabilidades no caso da factoría de alúmina-alumnio en Xove. A maiores, aínda lles queda tempo para pasmar co papo da administración autonómica, que devolve ao Estado millóns de euros que non dá gastado/ou non quere gastar en garderías públicas. E para apostar pola palabra do ano que escolle a RAG . Na nosa urna, Aparvar(se) levou 3 votos e Cantareiras, 1 (adiviñen quen a que). Pero vostedes voten como se fosen libres.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome 43:20
43:20
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione43:20
Contra o prognóstico dos diarios de referencia, o BNG saiu indenme e radiante da súa XVIII Asemblea, con Ana Pontón tan pimpante como portavoz, e o PSdeG foi a excursión a Sevilla e non só non perdeu unha silla, senón que ganou unha: foi con cinco representantes e volveu con seis. Menos dá unha Pedra (Sánchez). Mentres, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome , decidiu que o seu é a verdade sen fronteiras, sen intermediarios e sen xornalistas que fagan preguntas incómodas. Así que se vai limitar a saír pola súa televisión, e arreando. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non saben que facer con este regalazo mediático.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea 39:22
39:22
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione39:22
A deliberación máis extensa dun xurado deu froito por fin, e a nós –e a todo o mundo– nos pillou en finde, pero iso non impide que Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullen o resultado e dean a súa opinión arredor o veredicto sobre o asasinato de Samuel Luiz . Tamén comentan o sorprendente ataque destroy da conselleira de Igualdade, Fabiola García , ao sistema Viogen de vixilancia de mulleres ameazadas, non porque non sexa criticable, senón porque non parece moi normal poñer a caer dun burro o que hai sen propoñer algo mellor. Ou si, non queden calados, ou mellor caladas, e digan algo. E para rematar, o proceso pre-asamblear no BNG, que a nós nos parece normal dentro dunha organización, pero a outros unha descarnada loita polo poder. Consideran que La Voz de Galicia debería constituirse como corrente de opinión organizada dentro do Bloque? E nós (nós-nosoutros, non Nós )? Comenten e debatan ata o próximo episodio, que como a campaña de Nadal e a do IRPF, chegará no seu tempo.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG 48:13
48:13
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione48:13
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero , desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os funcionarios que teñen asistencia sanitaria a través das aseguradoras e que non saben a tal hora se desde o 1 de xaneiro do ano que vén seguirán atendidos polo seu seguro habitual ou terán que migrar ao Sergas. As compañías de seguros que ata agora atendían os mutualistas (Adeslas, DKV e Asisa) din que os 3.000 millóns longos de euros que reciben do Estado non lles chegan a nada, e o Ministerio de Sanidade que non hai problema en acoller ao millón e medio de refuxiados que virían da mutua funcionarial. Mentres, no PP de Galicia hai un conato de resurrección boina , Daniel Chapela , coordinador de Cultura da dirección do partido e concelleiro en Bueu vaise chamándolle inútil e de todo menos bonito ao conselleiro de ídem, Lingua e Xuventude, Jose López Campos. É Chapela o derradeiro galeguista no PP, como aqueles soldados xaponeses perdidos que non sabían que rematara a guerra, ou hai algo máis? Escoiten a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , e quizais non aprendan nada, pero polo menos pasarán o tempo.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Feijoo non vai ao Parlamento, pero queda en Twitter 43:31
43:31
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione43:31
Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles que o guión dunha peli de tarde. Por exemplo as maneiras pouco democráticas e nada deliberantes do grupo parlamentario do Partido Popular de Galicia, que xa non perde o tempo nin en votar en contra as peticións de comparecencia da oposición na comisión sobre os contratos menores na pandemia e a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro. Que o noso Alberto pida a comparecencia de outros mentras escapa da súa entra dentro do mesmo guión e nin pide perdón nin parece que lle importe. Os que si que pediron perdón esta semana foron varios acusados de asasinar a Samuel Luiz cunha malleira. Din que non son culpables, mais piden perdón. Cousas veredes. E outro que non pide perdón porque vai ao seu é Elon Musk , e así iste vaise e aquel vaise e todos, todos se van; Twitter sin xentes quedas que te poidan traballar. Cara onde marcha a xente? Pois non se sabe moi ben, mais de entrada para onde non se organice todo para que teña razón sempre a ultradereita.…
A
A actualidade está sobrevalorada

O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal que é o tótem do país acaba de ser reelixido presidente, e coa maioría do voto popular. Os aquí presentes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, tentan aclarar algo o camiño dos lodos, aquí e aló. Quen non parece moi disposto a aclarar nada é o grupo parlamentario do PP de Galicia, que entre a lista non negociable de comparecencias da comisión de investigación sobre as contratacións de Sanidade nos últimos anos (Hospital Álvaro Cunqueiro , parentes mellorados de Alberto Núñez Feijóo ...) non contempla precisamente a comparecencia de quen foi o responsable de todo (e magnífico xestor, segundo el propio) durante 15 anos, o tal Núñez Feijóo.…
A
A actualidade está sobrevalorada

A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero que todo indica que constituirán unha das maiores, se non a máis grande, en vitimas de todas as catástrofes ambientais no Estado. Catástrofe é tamén o asunto Errejón . Catástrofe persoal para el, pero tamén para o seu grupo –ou grupos políticos–. Non está o tamborileiro para gaitas, e o único que nos saca do pozo é o premio das Letras Españolas ao noso codirector, Manuel Rivas , que desde xa nos debe unha paparota.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Pois si, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro conversaron sobre como vai transcorrendo a vista oral pola morte de Samuel Luiz, e a súa repercusión en medios e redes, e chegaron á conclusión de que botaban de menos o xornal El Caso e aquelas outras publicacións de sucesos que servían como referente –negativo– para que os medios serios souberan a que estremos non debían chegar. Pero tamén tocaron outro tema de gran incidencia social: a vivenda. E aquí salta a sorpresa: os pisos están caros? Non! Son os salarios os que están máis baixos ca nunca. Tanto que nin chegan para alugar. Escoiten se non o cren.…
A
A actualidade está sobrevalorada

A ver. O número de galegofalantes diminúe como o cash dun mileurista, pero o problema «está aí fóra», segundo Alfonso Rueda. Como acontece co resto dos problemas reais, a Xunta non ten nada que ver. Da administración autonómica depende a educación, os medios de comunicación públicos (e, en boa medida, os privados-privados e as empresas que xestionan concesións públicas), a relación cos administrados... pero o problema «está aí fóra». Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro dan o seu punto de vista de neo/paleo falantes sobre o particular, e non –spoiler– para estar de acordo. Pero será mellor que o escoiten, que se explican eles –ou case todos eles– mellor. Tamén conversan sobre o inicio do xuízo aos que mataron a Samuel Luiz unha noite de copas na Coruña e sobre a chegada da locomotora (ai, non, do AVE!) a Ourense.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Alfonso Rueda decidiu aforrar. Aforrar a súa exposición pública no Parlamento, cando menos, e substituír o tradicional debate do estado da autonomía por unha comparecencia na que vai contar que fai cos cartos. 1x2, ao contrario que as ofertas comerciais. Se queren saber onde vai meter o que saca dos nosos impostos terás que escoitar as explicacións detalladas de Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro. Se o que che interesa é a folga nos medios públicos (e nalgún privado) vas ter que estar moi atento porque non aparece por lado ningún. E se aínda estás escandalizado pola impunidade dos nazis que fixeron o que lles petou o domingo pasado na Coruña, este é o teu podcast.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Primeiro había que usar o tren a toda máquina, porque era máis racional e ecolóxico, e por iso daban os billetes de balde. Agora resulta que viaxamos en ferrocarril por riba das nosas posibilidades, e moi por riba das nosas expectativas de chegar puntuais. Así que A Actualidade Está Sobrevalorada volve -non era sen tempo– pero a cabalo dos micrófonos. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro volven facéndose preguntas de tanto calado como: «pagará a pena apuntarse a esa empresa eléctrica que di Alfonso Rueda que vai crear?», « Eulen é nome de muller, e concretamente de parente feminina?», «que pecado cometeu o pobre de Álvaro Cunqueiro para que se asocie o seu nome a un pufo hospitalario?».…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Os enganados de Palas de Rei e as cartas aurienses 45:24
45:24
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione45:24
Tiña ou non tiña razón aquel que dixo que se podía enganar moito tempo a algunha xente, e a moita xente por un tempo, pero a toda a xente todo o tempo? É aplicable o dito á xente de Galicia, e en concreto a quen acudiu a manifestación contra Altri en Palas de Rei? 20.000 personas son moitas en Madrid e poucas en Palas? Debates cuánticos nos que se ensarillan, como é habitual cada semana, Ana Luísa Bouza (na central de datos), Antón Losada (que está corrixindo exames), Marta Otero Mayán (que está a facer a mochila) e Xosé Manuel Pereiro (sus labores). Nesta ocasión, a maiores de discutir que tal o fai Alfonso Rueda como comercial de Altri, os nosos lingoreteiros e lingoreteiras analizan outro informe do Consello de Contas, descobren que está cheo de bolxeviques escollidos polo Parlamento -si, o que preside Santalices- única explicación posible a que saquen a conclusión de que a Xunta calcula mal o que lle custan os servizos que ten que dar á cidadanía. E para rematar, ofrecemos minuto e resultado das cartas que se cruzan en Ourense o alcalde Jácome e os seus aliados/opositores. Imposible dar máis.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Non é país para trens (nin para preguntas) 26:50
26:50
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione26:50
Como era de temer desde que se comezou a falar do porto exterior erradamente chamado da Coruña, os cartos que custou facelo vannos ter que pagar os coruñeses, en cómodos prazos de terreos portuarios públicos. Todo iso despois de crearse mesas que elaborarán estudos e comisións que elevarán informes, o que fará que a débeda non baixe, pero o persoal e os periodistas estean máis entretidos, polo menos Marta Otero Mayán que anda nesas cousas, e Xosé Manuel Pereiro, que xa o via vir hai tempo. Ou iso supoñemos, porque nas comparecencias públicas non houbo prefuntas, ou máis axeitadamente, non houbo respostas, porque preguntas si que debería haber algunha que outra. Exactamente igual que as comunicacións por tren, que ían ser rápidas, pero o famoso Avril chegará remolcado en Agosto, e o propio Alfonso Rueda, segundo lembrou Ana Luísa Bouza, foi a Lisboa a pedirlle ao Goberno Central (de España) que meta os cartos todos na conexión Vigo-Lisboa, e a rede ferroviaria interior xa se verá pa cuando. Mentres, Antón Losada foi desprazado a Barcelona para comprobar que os trens de proximidade de alí (Rodalies) haber hainos, pero en cuestión de puntualiadade e horarios, como se non os houbese.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Marta Otero Mayán, como Escarlata O’Hara, xurouse a si mesma que nunca madrugaría por home ningún. Pois rompeu a promesa a semana pasada, certo é que por un homazo de altura –cando menos física– como o ministro Óscar Puente . Segundo nos contou a Ana Luísa Bouza, a Antón Losada e a Xosé Manuel Pereiro tivo que poñer as pilas para estar na estación de tren de Ourense ás 9,30 da mañá, e facer a viaxe de volta no afamado tren Avril. Todo iso levounos a plantear unhas dúbidas metódicas: Por que o ministro Puente –e non só el– teñen a teima de andarse subindo aos trens para facer declaracións? Porque teiman en dicir que Galicia queda así xa comunicada, cando o que queda comunicado é Madrid, porque aquí segue sen haber máis transporte que o propio entre cidades importantes? Polo demais, en atención á data tamén se produciu –ou mellor se reproduciu– o debate sobre se ao galego lle vai ben –como sostén o novo conselleiro de Cultura, José López Campos –, ou mal –como aseguran o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García , e as estatísticas……
A
A actualidade está sobrevalorada

Vd sabe en que se gastan os cartos na sanidade pública? Ou por que din que é máis eficiente desviar pacientes á sanidade concertada? Non haxa pena. Nin o sabe vostede, nin Ana Luísa Bouza , nin Marta Otero Mayán , nin Xosé Manuel Pereiro e nin sequera Antón Losada . Tampouco o sabe a Xunta de Galicia , que é quen administra todos eses cartos (case 5.000 millóns de euros, o 40% do presuposto da administración autonómica). O Consello de Contas , o organismo público encargado de fiscalizar as ídem públicas, tampouco o sabe, pero polo menos sabe que non sabe nada: que a Xunta non ten unha contabilidade do gasto en sanidade desde 2010, e que os orzamentos do SERGAS son unha ilusión, como o cupón da ONCE. Pero tamén se falou de que o Tribunal Constitucional vén de sentenciar que esa pretensión da Xunta de perdoar as ilegalidades urbanísticas na costa cando pasen 15 anos de cometidas non é constitucional. Un aldraxe máis a esa tradición tan galega do «Ti vai facendo».…
A
A actualidade está sobrevalorada

Quo vadis, Pedro? Preguntabámanos no anterior episodio deste podcast. Era unha pregunta retórica. Ben sabiamos que a cousa acabaría nunha declaración –non rolda de prensa– na porta da Moncloa, como se pode comprobar pola carátula que puxemos a semana pasada. Desta vez, o que se preguntan Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é cara onde ía Pedro Sánchez, como é que vai facer para chegar alí, se é con entrevistas ou con leis, e se vai rexenerar de vez, ou pouco a pouco.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Segundo a lenda cristiá, o apóstolo Simón Pedro, o mariñeiro, cando se fugaba de Roma para salvar a vida, atopouse co xefe, e preguntoulle Quo Vadis? «Onde vas?» (xa se debera de esquecer de falar arameo). Aquí é a sociedade española a que interroga a Pedro Sánchez : Que fas? De que vas? Que vas facer? O suspense manterase ata o luns 29, pero iso non impide que tododior, empezando polos nosos charlantes – Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , citados por rigorosa orde alfabética, por se non cairon ata agora– fale do asunto como se soubese que vai pasar. Pero neste podcast dánse ademais unhas claves que para coñecelas vai ter que escoitalo. Mais non só se fala de Pedro Sánchez. Tamén de onde vai sacar a Xunta eses cartos que lle vai dar a Altri se lle fan falta, e de que vai pasar logo de que a UE declare ilegal a ampliación da concesión da AP9 que lle fixo o Goberno de Aznar a Audasa. O que si sabemos é que vai facer o goberno galego coa recén e xustamente conquistada competencia sobre o litoral: regalarlle a xestión a uns amigos para que fagan cartos e os leven por aí adiante, como sempre se fixo.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Os Pokémons, TikTok e a que se vai cabreada 46:57
46:57
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione46:57
Xa temos goberno! E o que é máis importante: xa levan camiño de influencers! E por se fose pouco xa lles coñecemos os caretos, que non é cousa menor con eses apelidos de non destacar que teñen practicamente todos e todas. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro debullan as súas preferencias de estilos, outfits e actuación do novo gabinete. Exactamente igual que nos medios serios.…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 Vodas, investiduras e bautizos (e Ferrol) 43:23
43:23
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione43:23
Alfonso Rueda por fin atopou un oco na axenda para investirse como presidente, e esta semana pasou o trámite de facer no Parlamento a súa oferta de goberno. En que consiste? Pois en crear unha dirección xeral para comprobar se o sanchismo vai polo rego constitucional ou non, segundo as conclusións quye sacaron Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro. Non parece moito para un esforzo de case dous días (dos nosos contertulios, que os deputados cobran por iso). E aínda lles quedaron folgos para comentar a innovadora medida do goberno do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, para axilizar a burocracia: facer os contratos exclusivamente en castelán. Tan innovadora que non durou 24 horas.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Que lle regalará Alfonso Rueda , o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista de voda– escollería a vaixela de La Cartuja (de Sevilla, non de Parma), Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro o que se preguntan é sobre que vantaxes políticas ou que satisfaccións persoais poden xustificar adiar a celebración dun dos días máis importantes da túa vida pola voda dun amigo dun amigo. Un compañeiro de empresa que traballa noutro centro, en definitiva. E outra cuestión crucial: sentaráno na mesa dos pequenos (baróns rexionais) ou na de autoridades/familia directa? O que todos os catro se preguntan é do misterio que arrodea o proxecto Altri, e que saben e/ou que calan a Xunta e o Goberno central. Xa que non os nosos respectivos gobernos, pero se algún amable oínte ten información que dar, en redaccion@revistaluzes.com somos todo orellas.…
A
A actualidade está sobrevalorada

Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor? A Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro o asunto chéiralles mal –nunca mellor dito–. Tan mal como que esteamos pendentes da investidura de Alfonso Rueda como presidente galego por cousa dunha voda que hai en Madrid. Se aínda casase Leonor , pero o alcalde... E se aínda fose un enterro, pero postergar Galicia por unha voda... Ai se don Manuel levantara a cabeza!…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 A Galicia que non funciona e un tal Alberto 41:08
41:08
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione41:08
Esta semana o noso equipo opinador de garda, Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro atende sen retraso e pasan unha ITV a Galicia para ver se funciona. Spoiler: sae mal. Porque pensabamos que da pandemia sairíamos mellores, mais non foi o caso para atención aos dependentes galegos, que reciben pouca e con retrasos, das peores do Estado. Quen disque saíu moito mellor da pandemia foi a parella de Isabel Díaz Ayuso, aínda que agora sexa vítima da persecución salvaxe de Facenda, que somos todos. Debe ser pola envexa que lle temos de non mercar pisos no centro de Madrid. Houbo tempo tamén para falar desa nova tradición catalá: o adianto electoral. E houbo división de opinións, Pere Aragonès non quere que Lluis Llach sexa candidato á presidencia da Generalitat e algún dos nosos non quere que cante de novo. E pechamos cunha exclusiva: resolveríamos unha incognita que non deixa durmir tranquilos aos nosos ouvintes desde hai quince días? Se non queda satisfeito co programa, devolvémoslle o diñeiro!…
A
A actualidade está sobrevalorada

1 A nova axenda feminista e o retraso ferroviario de sempre 43:38
43:38
Na później
Na później
Listy
Polub
Polubione43:38
Este 8 de marzo reflectirá un feminismo consolidado, e máis ou menos libre do bombardeo mediático ao que estaba sometido cando estaba pilotado por Podemos. Ou polo menos iso é o que consideran os nosos podcasteiros Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro , que tamén se poñen co rebumbio das mascarillas, e porque nun sitio se compraron ben, e non fai falta mirar os papeis, e noutro foron unha corrupción como a catedral de Mallorca. Para rematar, falan de trens, deses que o ministro Óscar Puente dixo en Vigo que viñan para Galicia, e que nin había que pedir por Reis, e que agora parece nin por AliExprés van vir.…
Zapraszamy w Player FM
Odtwarzacz FM skanuje sieć w poszukiwaniu wysokiej jakości podcastów, abyś mógł się nią cieszyć już teraz. To najlepsza aplikacja do podcastów, działająca na Androidzie, iPhonie i Internecie. Zarejestruj się, aby zsynchronizować subskrypcje na różnych urządzeniach.